viernes, 9 de octubre de 2020

CARBALLÍN

Hoxe chegou á nosa clase Carballín.

Carballín é o noso carballo e apadrinámolo esta mañá comprometéndonos a coidalo moito.

Foi a Comunidade de Montes quen nolo entregou.

COIDADOS DE CARBALLÍN: 

Regar unha vez a semana con medio vaso de agua.

Naceu hai 2 ou 3 anos en Candean.

O visitaremos cada día.


miércoles, 16 de septiembre de 2020

ESTAMOS DE VOLTA!

 OLA, QUE TAL?

Somos os Sacapenas e estamos de volta nenos e nenas de Candeán.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacandean/ 

A partir de ahora podedes atoparnos neste blogue

XAN

SAMUEL

BRAIS

MERVIN

NEREA

PAULA

ZAIRA

ADRIÁN

ELENA

jueves, 18 de junio de 2020

XOVES 18 DE XUÑO (Especial Festa de San Xoán)


Especial Festa de San Xoán na noite do Martes 23 de xuño e festa de San Xoán o Mércores 24 de xuño

 

Ola Sacapenas! 


Como este ano teremos un San Xoán un pouco especial e distinto, propóñovos que organicedes unha festa rachada nas vosas casas para festexar así esta noite tan famosa; coñecida polas súas fogueiras e porque o seguinte día 24 é festivo.


Para organizar a festa precisaremos:

  • Coñecer como é a festa de San Xoan como se celebra aquí e como se celebra noutras partes do mundo.
  • Decorar con pequenas bandeiras o espazo elixido.
  • Preparar unha comida e bebida típica para compartir.
  • Xogar a uns xogos moi divertidos cós amigos e familia.

Déixovos por aquí algunhas ideas e datos curiosos relativos a esta festividade que vos pode servir de axuda









Finalmente, lembrade ser bos, gozar moito nestas vacacións de verán e recargar as pilas e a boa enerxía para o curso que vén!!

Apertas e bicos moi fortes para tod@s

da profe Bea 



Feliz verán!!

miércoles, 17 de junio de 2020

XOVES 18 DE XUÑO DE 2020

Meus queridos sacapenas!

Esta é a última clase que vou ter dende o blogue, espero que a próxima sexa no noso colexio o curso que ven.
Quero aproveitar esta última sesión para felicitarvos  polo voso traballo e agradecervos que estivérades aquí conmigo compartindo estes meses de curso tan diferentes.
Desfrutade moito do verán, merecédelo máis que nunca
Hoxe non vou poñer tarefa, logo a profe Bea vos deixará unha divertida proposta.
Me despido con esta canción adicada a vós.
Sodes únicos!


VÉMONOS MAÑÁ NO COLE 



MÉRCORES 17 DE XUÑO


Querid@s Sacapenas,


Estamos na última semana deste curso 19/20, xa a piques de rematar este ano tan especial para tod@s. Supoño que estaredes xa con ganas de vacacións e queredes gozar do tempo de verán como vos merecedes. 

Pois antes de nada quero felicitarvos polo voso traballo ben feito e porque todos contribuísteis a que me sentira moi contenta compartindo as vosas producións artísticas e os vosos experimentos en Naturais. Moitos parabéns para tod@s!! e moitas grazas as vosas familias que vos axudaron a achegarme semanalmente os traballos de artistas e científic@s.

Como xa vai comezar o verán pensei que poderiamos darlle a benvida con esta proposta de manualidades en Plástica. Podedes facelas todas ou escoller a que máis vos guste.

Manualidades para dar benvida ao verán

Xa esta aquí! Por fin chega a estación máis esperada do ano. Para celebralo, propóñoche facer algunhas das seguintes manualidades, as cales son moi divertidas e refescantes.

1. Xeadiños de papeis

 
Pode haber algo máis típico en verán que un bo xeado? Pois claro que non! Hoxe vouche ensinar como fabricar estes deliciosos cornetes cuns poucos ingredientes.

Materiais
  • Unha cartolina marrón ou papel kraft
  • Papeis de seda
  • Cordón ou fío de cores
  • Cinta de dobre cara
  • Tesoiras
  • Cola branca
  • Agulla e fío
  • Elementos para decorar, como pompóns ou contas brillantes
Pasos
  1. Realiza media circunferencia na cartolina marrón o no papel kraft. Isto serviranos para facer o cornete do noso xeado.
  2. Dalle forma ao cono e pégao coa cinta de dobre cara.
  3. Para encher o noso cornete, fabricaremos bólas de xeado con papeis de seda de distintos cores (según o sabor que queiramos). Podemos coller os sabores tradicionais (chocolate, amorodo, vainilla, nata…) ou algún máis exótico (menta, cereixa, laranxa, arándanos…).
  4. Se queres colgar os xeados feitos, terás que cravar unha agulla cun fío no que será a bola do xelado. Logo, insertarala polo corneto e faraslle unha lazada por fóra. Deste xeito non cairán e convertiranse nun adorno  perfecto.
  5. Para finalizar, podes añadirlle todos os complementos que queiras para que quede totalmente ao teu gusto.

2. Sombrillas de papel

 
Estas sombrillas son imprescindibles para acompañar a unha limoada ben fresquiña ou un refresco ben rico e saudable.Para poder facelas vas necesitar:

Materiais
  • Papeis impresos con papel de origami estampados
  • Pinchos de madeira
  • Escarvadentes
  • Papeis lisos de cores
  • Pegamento
  • Tesoiras
  • Perforador redondo de 3,3 mm
Pasos
  1. Recorta a forma do paraugas marcando cada dobreza no papel origami estampado
  2. Fixa con cola cada unha das caras preto da marca e monta a sombrilla colocando as dúas últimas caras, unha sobre a outra. O pequeno burato no centro servirache para insertar o pincho de madeira.
  3. Finalmente, coa axuda do pegamento, une o conxunto na parte inferior do paraugas.    

 

3. Chancletas da praia


Materiais
  • Cartolina de cores
  • Pintura de dedos
  • Canudos de plástico ("pajitas")
  • Tesoiras
  • Pegamento
  • Gomets ou adhesivos de fomi para decorar 

Pasos
  1. Cubre os teus pés con pintura.
  2. Imprime as túas pisadas na cartolina de cores para logo deixalos secar.
  3. Cando esté seco, recorta a silueta do coa forma da chancleta de praia, corta canudos a modo de tiras e añade os adornos pertinentes.  

 

4. Sirenita e hawaiana


Materiais
  • Témperas
  • Pinceles
  • Cartolina ou papeis de cores
  • Rotuladores
  • Pegamento
  • Tesoiras
  • Brillantina
Pasos
  1. Pinta os tubos de papel hixiénico con acuarela marrón ou laranxa.
  2. Unha vez que a pintura esté seca, dibúxalles as caras cun rotulador.
  3. Con cartolinas de cores, diseña e recorta o que queres que sexa a súa roupa, así como as colas que van a lucir.
  4. Para o cabelo, simplemente hai que cortar una tira larga que simule o flequillo e outra máis curta para facer os mechóns.

E nada mellor para saborear o verán que probes a EXPERIMENTAR NA COCIÑA E PREPARES este nutritivo xeado caseiro feito por ti mesmo acompañado dunha rica bebida refrescante! 

Non te olvides de aproveitar algunhas das manualidades propostas, para decorar o teu xeado e a bebida refrescante de sandía. Poden quedar moi vistosos e estarán moi ben presentados.

XEADOS DE IOGUR E FROITA, 100 % NATURAIS E SAUDABLES

LIMOADA DE SANDÍA

Finalmente, atrevedesvos a facer pompas xigantes de xabón para xogar cós vosos amigos ou coa familia ao aire libre este verán? Se sodes capaces de facelas, non dudedes en enviarme o resultado!

EXPERIMENTA COAS POMPAS E DISFRUTA!


NESTAS VACACIÓNS SOAMENTE TEDES QUE PREOCUPARVOS POR ...   

     DISFRUTAR....
                       XOGAR....
                                 EXPERIMENTAR....
                                    CREAR....
                                                                 DESCUBRIR....


E SOBRE TODO O MÁIS IMPORTANTE....
                               
 SORRIR SEMPRE E SER MOI FELICES.


QUÉROVOS MOITO QUERID@S SACAPENAS!

Mañá publicarei a segunda parte do especial verán, dedicado a festa de San Xoán, tradicional polas fogueiras e porque é a primeria festa coa que damos paso ao comezo da estación


Besiños e ata mañá!!

Recibide o verán como se merece!!

A profe Bea