Especial Festa de San Xoán na noite do Martes
23 de xuño e festa de San Xoán o Mércores 24 de xuño
Ola Sacapenas!
Como este ano teremos un San Xoán un pouco
especial e distinto, propóñovos que organicedes unha festa rachada nas vosas casas
para festexar así esta noite tan famosa; coñecida polas súas fogueiras e porque o seguinte día 24 é
festivo.
Para organizar a festa precisaremos:
Coñecer como é a festa de San Xoan
como se celebra aquí e como se celebra noutras partes do mundo.
Decorar con pequenas bandeiras o espazo elixido.
Preparar unha comida e bebida
típica para compartir.
Xogar a uns xogos moi divertidos
cós amigos e familia.
Déixovos por aquí algunhas ideas e datos curiosos relativos a esta festividade que vos pode servir de axuda
Finalmente, lembrade ser bos, gozar moito nestas
vacacións de verán e recargar as pilas e a boa enerxía para o curso que vén!!
Esta é a última clase que vou ter dende o blogue, espero que a próxima sexa no noso colexio o curso que ven.
Quero aproveitar esta última sesión para felicitarvos polo voso traballo e agradecervos que estivérades aquí conmigo compartindo estes meses de curso tan diferentes.
Desfrutade moito do verán, merecédelo máis que nunca
Hoxe non vou poñer tarefa, logo a profe Bea vos deixará unha divertida proposta.
Estamos na última semana deste
curso 19/20, xa a piques de rematar este ano tan especial para tod@s. Supoño
que estaredes xa con ganas de vacacións e queredes gozar do tempo de verán como
vos merecedes.
Pois antes de nada quero felicitarvos polo voso traballo ben feito e porque
todos contribuísteis a que me sentira moi contenta compartindo as vosas
producións artísticas e os vosos experimentos en Naturais. Moitos parabéns para
tod@s!! e moitas grazas as vosas familias que vos axudaron a achegarme
semanalmente os traballos de artistas e científic@s.
Como xa vai comezar o verán
pensei que poderiamos darlle a benvida con esta proposta de manualidades en
Plástica. Podedes facelas todas ou escoller a que máis vos guste.
Manualidades para dar
benvida ao verán
Xa esta aquí! Por fin chega a estación máis esperada do ano. Para celebralo, propóñoche facer algunhas das seguintes manualidades, as cales son moi divertidas e refescantes.
1. Xeadiños de papeis
Pode haber algo máis típico en verán que un bo xeado? Pois claro que non! Hoxe vouche ensinar como fabricar estes deliciosos cornetes cuns poucos ingredientes.
Materiais
Unha
cartolina marrón ou papel kraft
Papeis
de seda
Cordón
ou fío de cores
Cinta
de dobre cara
Tesoiras
Cola
branca
Agulla e fío
Elementos
para decorar, como pompóns ou contas brillantes
Pasos
Realiza
media circunferencia na cartolina marrón o no papel kraft. Isto serviranos para facer o cornete do noso xeado.
Dalle forma
ao cono e pégao coa cinta de dobre cara.
Para encher o noso cornete, fabricaremos bólas de xeado con papeis de
seda de distintos cores (según o sabor que queiramos). Podemos coller os sabores tradicionais (chocolate, amorodo, vainilla, nata…) ou algún máis exótico (menta, cereixa, laranxa, arándanos…).
Se
queres colgar os xeados feitos, terás que cravar unha agulla cun fío no que será a bola do xelado. Logo, insertarala polo
corneto e faraslle unha lazada por fóra. Deste xeito non cairán e convertiranse nun adorno perfecto.
Para
finalizar, podes añadirlle todos os complementos que queiras
para que quede totalmente ao teu gusto.
2. Sombrillas de papel
Estas sombrillas son imprescindibles para acompañar a unha limoada ben fresquiña ou un refresco ben rico e saudable.Para
poder facelas vas necesitar:
Materiais
Papeis
impresos con papel de origami estampados
Pinchos
de madeira
Escarvadentes
Papeis
lisos de cores
Pegamento
Tesoiras
Perforador
redondo de 3,3 mm
Pasos
Recorta a forma do paraugas marcando cada dobreza no papel origami
estampado
Fixa
con cola cada unha das caras preto da marca e monta a sombrilla
colocando as dúas últimas caras, unha sobre a outra. O pequeno burato no centro servirache para insertar o pincho de madeira.
Finalmente,
coa axuda do pegamento, une o conxunto na parte inferior do
paraugas.
3. Chancletas da praia
Materiais
Cartolina
de cores
Pintura
de dedos
Canudos de plástico ("pajitas")
Tesoiras
Pegamento
Gomets
ou adhesivos de fomi para decorar
Pasos
Cubre os teus pés con pintura.
Imprime as túas pisadas na cartolina de cores para logo deixalos secar.
Cando esté
seco, recorta a silueta do pé coa forma da
chancleta de praia, corta canudos a modo de tiras e añade os adornos pertinentes.
4. Sirenita e hawaiana
Materiais
Témperas
Pinceles
Cartolina
ou papeis de cores
Rotuladores
Pegamento
Tesoiras
Brillantina
Pasos
Pinta os
tubos de papel hixiénico con acuarela marrón ou laranxa.
Unha vez
que a pintura esté seca, dibúxalles as caras cun rotulador.
Con
cartolinas de cores, diseña e recorta o que queres que sexa a súa roupa,
así como as colas que van a lucir.
Para o
cabelo, simplemente hai que cortar una tira larga que simule o flequillo e outra máis curta para facer os mechóns.
E nada mellor para saborear o verán que probes a EXPERIMENTAR NA COCIÑA E PREPARES este
nutritivo xeado caseiro feito por ti mesmo acompañado dunha rica bebida
refrescante!
Non te olvides de aproveitar algunhas das
manualidades propostas, para decorar o teu xeado e a bebida refrescante de
sandía. Poden quedar moi vistosos e estarán moi ben presentados.
XEADOS
DE IOGUR E FROITA, 100 % NATURAIS E SAUDABLES
LIMOADA DE SANDÍA
Finalmente, atrevedesvos a facer pompas xigantes de xabón para xogar cós vosos amigos ou coa familia ao aire libre este verán? Se sodes capaces de facelas,
non dudedes en enviarme o resultado!
EXPERIMENTA
COAS POMPAS E DISFRUTA!
NESTAS VACACIÓNS SOAMENTE TEDES QUE PREOCUPARVOS POR ...
DISFRUTAR....
XOGAR....
EXPERIMENTAR....
CREAR....
DESCUBRIR....
E SOBRE TODO O MÁIS IMPORTANTE....
SORRIR SEMPRE E SER MOI FELICES.
QUÉROVOS MOITO QUERID@S SACAPENAS!
Mañá publicarei a segunda parte do especial verán, dedicado a festa de San Xoán, tradicional polas fogueiras e porque é a primeria festa coa que damos paso ao comezo da estación