Especial Festa de San Xoán na noite do Martes 23 de xuño e festa de San Xoán o Mércores 24 de xuño
Ola Sacapenas!
Como este ano teremos un San Xoán un pouco
especial e distinto, propóñovos que organicedes unha festa rachada nas vosas casas
para festexar así esta noite tan famosa; coñecida polas súas fogueiras e porque o seguinte día 24 é
festivo.
Para organizar a festa precisaremos:
- Coñecer como é a festa de San Xoan como se celebra aquí e como se celebra noutras partes do mundo.
- Decorar con pequenas bandeiras o espazo elixido.
- Preparar unha comida e bebida típica para compartir.
- Xogar a uns xogos moi divertidos cós amigos e familia.
Déixovos por aquí algunhas ideas e datos curiosos relativos a esta festividade que vos pode servir de axuda
Finalmente, lembrade ser bos, gozar moito nestas
vacacións de verán e recargar as pilas e a boa enerxía para o curso que vén!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario