Querid@s Sacapenas,
Estamos na última semana deste
curso 19/20, xa a piques de rematar este ano tan especial para tod@s. Supoño
que estaredes xa con ganas de vacacións e queredes gozar do tempo de verán como
vos merecedes.
Pois antes de nada quero felicitarvos polo voso traballo ben feito e porque todos contribuísteis a que me sentira moi contenta compartindo as vosas producións artísticas e os vosos experimentos en Naturais. Moitos parabéns para tod@s!! e moitas grazas as vosas familias que vos axudaron a achegarme semanalmente os traballos de artistas e científic@s.
Como xa vai comezar o verán
pensei que poderiamos darlle a benvida con esta proposta de manualidades en
Plástica. Podedes facelas todas ou escoller a que máis vos guste.
Manualidades para dar
benvida ao verán
Xa esta aquí! Por fin chega a estación máis esperada do ano. Para celebralo, propóñoche facer algunhas das seguintes manualidades, as cales son moi divertidas e refescantes.
1. Xeadiños de papeis
Pode haber algo máis típico en verán que un bo xeado? Pois claro que non! Hoxe vouche ensinar como fabricar estes deliciosos cornetes cuns poucos ingredientes.
Materiais
- Unha cartolina marrón ou papel kraft
- Papeis de seda
- Cordón ou fío de cores
- Cinta de dobre cara
- Tesoiras
- Cola branca
- Agulla e fío
- Elementos para decorar, como pompóns ou contas brillantes
Pasos
- Realiza media circunferencia na cartolina marrón o no papel kraft. Isto serviranos para facer o cornete do noso xeado.
- Dalle forma ao cono e pégao coa cinta de dobre cara.
- Para encher o noso cornete, fabricaremos bólas de xeado con papeis de seda de distintos cores (según o sabor que queiramos). Podemos coller os sabores tradicionais (chocolate, amorodo, vainilla, nata…) ou algún máis exótico (menta, cereixa, laranxa, arándanos…).
- Se queres colgar os xeados feitos, terás que cravar unha agulla cun fío no que será a bola do xelado. Logo, insertarala polo corneto e faraslle unha lazada por fóra. Deste xeito non cairán e convertiranse nun adorno perfecto.
- Para finalizar, podes añadirlle todos os complementos que queiras para que quede totalmente ao teu gusto.
2. Sombrillas de papel
Estas sombrillas son imprescindibles para acompañar a unha limoada ben fresquiña ou un refresco ben rico e saudable.Para
poder facelas vas necesitar:
Materiais
- Papeis impresos con papel de origami estampados
- Pinchos de madeira
- Escarvadentes
- Papeis lisos de cores
- Pegamento
- Tesoiras
- Perforador redondo de 3,3 mm
Pasos
- Recorta a forma do paraugas marcando cada dobreza no papel origami estampado
- Fixa con cola cada unha das caras preto da marca e monta a sombrilla colocando as dúas últimas caras, unha sobre a outra. O pequeno burato no centro servirache para insertar o pincho de madeira.
- Finalmente, coa axuda do pegamento, une o conxunto na parte inferior do paraugas.
3. Chancletas da praia
Materiais
- Cartolina de cores
- Pintura de dedos
- Canudos de plástico ("pajitas")
- Tesoiras
- Pegamento
- Gomets ou adhesivos de fomi para decorar
Pasos
- Cubre os teus pés con pintura.
- Imprime as túas pisadas na cartolina de cores para logo deixalos secar.
- Cando esté seco, recorta a silueta do pé coa forma da chancleta de praia, corta canudos a modo de tiras e añade os adornos pertinentes.
4. Sirenita e hawaiana
Materiais
- Témperas
- Pinceles
- Cartolina ou papeis de cores
- Rotuladores
- Pegamento
- Tesoiras
- Brillantina
Pasos
- Pinta os tubos de papel hixiénico con acuarela marrón ou laranxa.
- Unha vez que a pintura esté seca, dibúxalles as caras cun rotulador.
- Con cartolinas de cores, diseña e recorta o que queres que sexa a súa roupa, así como as colas que van a lucir.
- Para o cabelo, simplemente hai que cortar una tira larga que simule o flequillo e outra máis curta para facer os mechóns.
E nada mellor para saborear o verán que probes a EXPERIMENTAR NA COCIÑA E PREPARES este
nutritivo xeado caseiro feito por ti mesmo acompañado dunha rica bebida
refrescante!
Non te olvides de aproveitar algunhas das
manualidades propostas, para decorar o teu xeado e a bebida refrescante de
sandía. Poden quedar moi vistosos e estarán moi ben presentados.
XEADOS DE IOGUR E FROITA, 100 % NATURAIS E SAUDABLES
LIMOADA DE SANDÍA
Finalmente, atrevedesvos a facer pompas xigantes de xabón para xogar cós vosos amigos ou coa familia ao aire libre este verán? Se sodes capaces de facelas,
non dudedes en enviarme o resultado!
EXPERIMENTA
COAS POMPAS E DISFRUTA!
NESTAS VACACIÓNS SOAMENTE TEDES QUE PREOCUPARVOS POR ...
DISFRUTAR....
XOGAR....
EXPERIMENTAR....
CREAR....
DESCUBRIR....
E SOBRE TODO O MÁIS IMPORTANTE....
SORRIR SEMPRE E SER MOI FELICES.
QUÉROVOS MOITO QUERID@S SACAPENAS!
Mañá publicarei a segunda parte do especial verán, dedicado a festa de San Xoán, tradicional polas fogueiras e porque é a primeria festa coa que damos paso ao comezo da estación
Besiños e ata mañá!!
Recibide o verán como se merece!!
A profe Bea
No hay comentarios:
Publicar un comentario