lunes, 23 de marzo de 2020

MARCHANDO UNHA DE ENSALADA!

PROPOSTA DE ACTIVIDADE PARA CIENCIAS NATURAIS 


COCIÑA UHNA ENSALADA PRIMAVERAL COAS PARTES DAS PLANTAS, CHEA DE CORES E VITAMINAS PARA A TÚA FAMILIA!

Lembras cales son as partes das plantas?

Pois propóñete o reto de preparar para a túa familia, unha rica ensalada primaveral na que terás que engadir as seguintes partes da planta na túa receita, con verduras variadas que teñas na casa.

Para preparar esta rica ensalada primaveral terás que discurrir un pouco!

Non pensarías que ía ser tan sinxelo, non?

Nela terás que engadir:

1. 1 vexetal que ti queiras, que sexa raíz.
2. 1 vexetal que sexa un talo.
3. 1 vexetal que sexa unha folla
4. 1 vexetal que sexa unha flor.
5. Aliñar ao gusto.

Lembra que cantas mais cores engadas na ensalada, máis vitaminas recibirás, para protexerte do coronavirus e doutras enfermidades que afectan a nosa saúde.

Velaí, unha saborosa e colorida proposta de ensalada que che pode servir de inspiración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario