BENVIDA PRIMAVERA!
Bo día nenos e nenas de 3º e 4º.
Hoxe é un día especial no noso calendario xa que é o día en que cambiamos de estación.
A primavera vai a estar con nós dende o venres 20 de marzo ata o sábado 20 de xuño en que entrará o verán.
Seguro que se mirades a través das vosas fiestras xa podedes observar moitos cambios que provoca a súa chegada.
Lémbrovos algunhas das súas características principais e propóñovos un pequeno traballo de investigación posterior cunhas preguntiñas moi sinxelas.
CARACTERÍSTICAS DA PRIMAVERA:
- É unha estación intermedia entre o inverno e o verán que comeza co equinoccio de primavera, e na que as temperaturas van ascendendo de xeito lento e progresivo.
- As precipitacións son menos frecuentes
- A primavera, ao igual que as demáis estacións, prodúcese debido ao movemento de translación da Terra, isto provoca que unha parte do noso planeta esté sempre máis preto do sol e reciba maís calor.
- A natureza vai cambiando ao longo destes días e podemos observar cambios nas árbores, especialmente de folla caduca, e no resto das plantas.
- Os animais tamén experimentas cambios nesta época do ano, por exemplo os insectos.
A TRABALLAR!:
Relacionado coas áreas de lingua, matemáticas, ciencias... que traballamos diariamente no cole, aquí van unhas preguntiñas e algún enlace para traballar un pouco na casa APUNTÁDESVOS?
INVESTIGA:
INVESTIGA:
- A que hora empezou a primavera?
- Calcula, coa axuda dun calendario cantos días durará.
- Que é o equinoccio de primavera e a que parte desta estación fai referencia (principio, medio ou final). Axúdate das pistas que hai na lectura.
- Curiosidades: se podes observa os pequenos cambios que hai ao teu arredor (no xardín da casa, por exemplo) en plantas e animais. Podes recollelo por escrito.
- Anímate a investigar como afecta a chegada da primavera ao comportamento dalgúns animais.
CREA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario