Hola sacapenas!
Como sabedes, cada
5 de xuño celebramos o día do Medio Ambiente, e tendo en conta o
cambio climático que estamos vivindo nos últimos anos, debemos concienciarnos e sensibilizarnos máis,
para ir adquirindo boas prácticas que nos axuden a protexer o noso planeta e os
prezados recursos naturais que nos regala cada día.
Por este motivo, en primeiro lugar para NATURAIS, averigua canto sabes sobre o medio ambiente con estes xogos.
En segundo lugar, e se pensabades que erades
xa uns expert@s en medio ambiente, ides coñecer neste enlace moitas
curiosidades que vos deixarán alucinad@s.
PINCHA NA PÁXINA DE "NATIONAL GEOGRAPHIC"
PINCHA NA PÁXINA DE "NATIONAL GEOGRAPHIC"
Creedes que temos un exceso de plástico que perxudica ao medio ambiente?
Propóñovos que probedes a reducilo e reutilizalo, facendo estes experimentos. Non dubidedes en enviarme os resultados ao meu correo!.
Propóñovos que probedes a reducilo e reutilizalo, facendo estes experimentos. Non dubidedes en enviarme os resultados ao meu correo!.
Por último, para PLÁSTICA probade a facer esta hucha para ir aforrando os vosos cartos reutilizando unha botella plástica.
E despois de todo isto
Que estariades dispostos a facer para mellorar o medio ambiente e facer que as vosas vidas e as dos vosos seres queridos fosen máis ecolóxicas?
Que estariades dispostos a facer para mellorar o medio ambiente e facer que as vosas vidas e as dos vosos seres queridos fosen máis ecolóxicas?
Escolle as propostas que
che parezan máis axeitadas e lévaas á práctica no día a día. Lembra que non só celebramos o día do medio ambiente o 5
de xuño, senón que é a nosa responsabilidade coidalo e protexelo a diario con
accións tan sinxelas como estas que vos propoño.
Separa a basura, usa productos que poidan
reutilizarse e recicla, Apaga as luces cando non o
necesites e aproveita a luz natural, consume froitas e verduras ecolóxicas, pecha as billas da auga correctamente para que non pinguen e
non malgastes a auga, substitúe as bombillas
por unhas de baixo consumo, introduce máis a
cor verde na túa casa: planta árbores para producir máis osíxeno e aumenta o
número de plantas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario