Bos días, querid@s Sacapenas!
Hoxe imos comezar cun repasiño en NATURAIS dos
animais que estudamos no anterior trimestre e que tanto nos gustan a tod@s.
Para este fin, envíovos un caderno didáctico
con 10 actividades, as cales son propostas por “Vigo
Zoo”, o cal tedes moi pretiño das vosas casas.
Para hoxe, quero que fagades as 5 primeiras
actividades (da 1 a 5 inclusive), nas vosas libretas de natu. Poñeredes por
título na libreta “Os animais de Vigo Zoo” e comezaredes a contestar as
actividades na libreta enumerando as respostas (non fai falta que copiedes o
enunciado). Soamente dicirvos que na actividade 5 tedes que debuxar e colorear
os animais que aparecen nas vosas libretas, escribindo como pensades
que se alimentan uns dos outros (cal é a cadea alimentaria).
Cando rematedes estas 5 actividades propóñovos
que nas vosas libretas fagades tamén un debuxo-cartel para pedirlle ao Concello
de Vigo que deseñe outro modelo de zoo mais respetuoso cós animais. Tedes que
engadir no debuxo unha frase reclamo inventada que rime e que solicite que os
animais estén en liberdade e non en gaiolas.
¡Déixovos esta canción por si vos inspira para a realización da actividade!
Para PLÁSTICA seguimos traballando coa bayeta
como tecido, e neste caso cunha bayeta tipo “Vileda” faredes unha tartaruga
divertida, que limpe a encimera da vosa cociña ou do voso baño.
Agardo de ver as vosas actividades e as vosas
creacións!
Enviádeme por favor todo xunto, non vos esquezades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario