Bos días, Sacapenas, qué tal estades?
Comezamos o mes de Maio, cunha nova proposta
para PLÁSTICA; traballar con novos
materiais, que neste caso serán os tecidos.
Así que hoxe por primeira vez, ides facer unha
bandexa con bayetas para limpar o que
teñades na casa. Esta bandexa, coñecida tamén como “vaciapetos”, será moi útil
para cando os vosos pais e vós cheguedes de volta a casa, pois podedes deixar enriba dela as chaves e outras cousas que traiades.
Fixádevos nas ilustracións e instrucións para
facela en 5 pasos moi sinxelos. Lembrade
amosarme as vosas creacións finais!
A continuación, toca traballar NATURAIS , e
hoxe quero que experimentedes coa auga como materia e substancia pura, contando
coa axuda de bolsas plásticas.
Como bos científic@s que sodes, faredes os
seguintes experimentos e deseguido, teredes que enviarme ao meu correo estas
fichas sinxelas cubertas, anotando as vosas investigacións e conclusións.
“A bolsa que non se rompe”
“O ciclo da auga nunha bolsa”
Biquiños a tod@s e ata a semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario