miércoles, 6 de mayo de 2020

XOVES 7 DE MAIO DE 2020

BO DÍA!
Qué tal onte coa profe Bea? Traballastes moito?
Seguro que sí.

Hoxe empezamos rompendo un pouco a cabeza con este reto:


1ª sesión:

Lingua galega.


OS PRONOMES PERSOAIS:


Son palabras que usamos para referirnos a alguén sen decir o seu nome, por exemplo:
Begoña dixo que podíamos saír ao recreo. 
Ela dixo que podíamos saír ao recreo.
En vez de Begoña uso un pronome e digo ELA.

PARA 3º:
Páxinas 52 e 53 do caderno de lingua galega.
👂 Escoitade aquí,  axúdovos eu a facer os exercicios.

PARA 4º: 
Páxinas 50 e 51 do caderno de lingua galega.
👂 Escoitade aquí, repaso con vós o que son os pronomes e explico como facer os exercicios. 

2ª sesión: 
Hoxe anda por aquí o profe Víctor que, coma sempre, nos trae algo de música para alegrarnos o corazón 💙💚💛💜💓
Nestes enlaces que aparecen a continuación podedes escoitar e aprender unhas divertidas cancións relacionadas coa hixiene tan importante nestes momentos.


PARA 3º: 👐 
PARA 4º: 👐


3ª sesión: 

Esta terceira sesión é para tarefas pendentes e traballos doutros mestres e mestras como a profe Bea, Sara ou Chus.
Os que non fixestes o exercicio das "galletas da fortuna" da 3ª sesión do martes, tamén podedes aproveitar agora.
E se alguén quere adicar este tempo a ler aquí vos deixo este libro 📁
Outra cousa: lembrade repasar as táboas de multiplicar!


Resolvestes o reto? PISTA: ás veces hai que pensar do revés.
FALAMOS HOXE POLA TARDE 😙😙

No hay comentarios:

Publicar un comentario