miércoles, 27 de mayo de 2020

MÉRCORES 27 DE MAIO


Querid@s Sacapenas!

Estamos rematando o mes de maio e queda pouquiño para que remate o curso, así que imos facer un pequeno esforzo para seguir traballando e experimentando dun xeito divertido.

 Agardo que esteades gozando deste tempo tan marabilloso e solleiro, e que sigades descubrindo os tesouros ocultos que nos regala a natureza, e que merece a pena coñecer.

Por este motivo, hoxe quero adicar a sesión de NATURAIS, para repasar con vós algunhas cousas sobre os INSECTOS, que son tan importantes nos ecosistemas.
Velaí un video curto de repaso que nos aporta moitas curiosidades.
 

Cal é o voso insecto favorito? 
Coñecedes algún insecto curioso ou estraño que queirades compartir comigo por correo? 

Xa sabedes que me gustan moito os animais, así que podedes comentarme algunhas curiosidades e debuxar na vosa libreta o voso insecto favorito e curioso, para que poida engadilo ao meu caderno de campo.

Mais como sei que vos gusta observar e tedes sempre moita curiosidade por coñecer coma min, propóñovos que fagades como actividade práctica de NATURAIS, este sinxelo hotel para convidar aos insectos a aloxarse nos vosos xardíns ou terrazas.


Agora co bo tempo e coa calor, aparecen algúns insectos que son tamén un pouco molestos para nós, como son as moscas e mosquitos, porque sempre se achegan á comida ou ás veces nos pican. Así que vos propoño que sementedes ou merquedes algunhas destas plantas para remediar de xeito natural e ecolóxico que as moscas vos poidan molestar ou picar, e así aumentades de paso, o número de plantas na vosa casa.


Para PLÁSTICA, e para rematar este mes adicado aos tecidos, gustaríame que fagades un cadro collage mesturando todo tipo de teas, facendo o debuxo que queirades.

Velaí unha mostra para que vos inspiredes!




Finalmente e xa para despedirnos, nos vos esquezades de enviarme nesta semana ao correo a proposta de traballo conxunta de Valores e Reli, que fixemos as profes para vós.


Bicos moi fortes!!! Quérovos moito!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario