Bo día a tod@s!
Nesta semana continuamos repasando en NATURAIS
algúns aspectos relacionados cos nosos amigos os animais, e para iso, hoxe
teredes que rematar os exercicios no caderno, dende o 6 ata o 10.
Cando rematedes estes exercicios, propóñovos
que cada un de vós escriba un modelo de carta nunha carilla do caderno que
esté dirixida ao alcalde de Vigo, na que solicitedes que o Zoo se transforme
noutro lugar, e que sexa un espazo natural aberto para os animais, libre de
gaiolas.
Nesa carta teredes que dar polo menos dúas
razóns polas que vós creedes que o Zoo debe transformarse noutro lugar que sexa
máis respectuoso cós seres vivos e especies protexidas que alí habitan. Debedes
pedirlle tamén ao alcalde de Vigo, que atenda a vosa petición dándolle unha
resposta.
Velaí, no seguinte enlace como se fai unha
carta para que vos fagades unha idea e poidades facer a vosa persoal a modo de
petición: “ Por un novo modelo de Zoo
mais respectuoso cós seres vivos”.
Agardo con moita ilusión que me fagades chegar
ao correo as vosas cartas!
Para PLÁSTICA, e seguindo cós tecidos, hoxe
toca traballar con retallos de teas que teñades na casa, para crear uns
peixiños alfineteiros moi útiles para pinchar os alfinetes e agullas que usades
na costura e que non se perdan. Déixovos como se fan en 5 pasos!
Finalmente, por se vos animades,envíovos un vídeo
de costura fácil para practicar algúns puntos básicos de costura que tod@s
deberiamos saber, utilizando unha agulla.
Ata a semana que ven! Coidarvos moito e gozade
do bo tempo!!
Biquiños
A profe Bea
No hay comentarios:
Publicar un comentario