Querid@sSacapenas,
Hoxe
quero convidarvos a que celebredes, o día da Terra que se celebra cada 22 de
abril,que é a gran casa onde vivimos todos os seres humanos
e que temos que coidar como se fose a nosa propia.
Se non sabedes que estades dispostos a facer
para coidala mellor,elixide os consellos do video que máis vos gusten para
levalos a práctica no voso día a día.
A continuación, propóñovos que hoxe sexades ECOlóxicos
( Experimentando, Creando, e Organizando actividades relacionadas coa terra e
as árbores).
1º)EXPERIMENTADE EN CIENCIAS, aprendendo a
facer este experimento de papel reciclado que poderedes reutilizar e aproveitar para
moitas cousas, evitando que se talen tantas árbores. Podedes enviarme o
resultado do experimento cunha foto ao correo e contarme para que ides
aproveitar ese papel.
2º)CREADE PARA PLÁSTICA un carballo, a árbore
máis bonita da nosa terra galega, con colorante e café. Pode convertirse nun
cadro e podedes enviarme tamén o resultado da vosa obra maestra.
3ª Por ultimo, como é un dia de ledicia, ORGANIZADE HOXE UNHA FESTA RACHADA que honre a terra, con sesión de Karaoke e baile para
gozar ao ritmo desta famosa e canción, e aprendede ben a letra para cantala e
bailala sen parar con toda a familia.
Biquiños a tod@s Sacapenas , e seguide sorrindo
cada día. Que sexades moi felices!!
Ata a semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario