FACENDO UN GATO PASAMOS O RATO
Querid@s Sacapenas, como estades?
Hoxe quero darvos unha agradable sorpresa cun vídeo que sei que vos fai moita ilusión!
A que non sabiades que se pode facer un gato con alimentos que teñades na cociña?
Este mes de abril propoño que experimentedes debuxar un gato con café soluble e unha pataca. Parécevos divertido? Seguide paso a paso as indicacións do vídeo e faredes un auténtico retrato dun gato para pasar un bo rato. Animádevos a enviarme as vosas creacións de artistas ao meu mail profebea01@gmail.com, para que poida comentarvos se os vosos retratos de gatos son tan reais como os meus gatiños, je je.
No hay comentarios:
Publicar un comentario