lunes, 6 de abril de 2020

UN POUCO DE PAZ

Ola familia:

Despois de tanto tempo de cuarentena a casa xa parece que se nos cae enriba e vánsenos esgotando o recursos de cousas a facer. A isto engádese que esta situación tan prolongada pode resultar estresante.

Aproveitando estes días de vacacións o que máis nos pode apetecer é despexar a mente, moi saturada con tantas informacións, whatsApp, televisión, etc., e relaxarnos un pouco.

Para axudarvos deixovos aquí este enlace para que practiquedes algo de Yoga  en familia (todos os xoves en directo).

Por certo, preguntade aos vosos fillos e fillas que exercicios de relaxación facían non colexio. Seguro que vos saben explicar moi ben en que consiste o Mindfulness, por exemplo.
😉

https://youtu.be/JcTYGORDfww


Un biquiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario