lunes, 20 de abril de 2020

MARTES 21 DE ABRIL DE 2020

Bo día!

Antes de nada os meus parabens aos que investigaron sobre o  Día lo Libro.

Efectivamente, celebramos o día do Libro o 23 de abril porque esa data coincide coa morte de varios escritores famosos un deles é Miguel de Cervantes.

PERO QUEN FOI MIGUEL DE CERVANTES?
Para que saibades un pouco sobre el aquí vos deixo este video da a súa biografía.



EL E A SÚA OBRA SON COÑECIDOS EN TODO O MUNDO. 
É O NOSO ESCRITOR MÁIS UNIVERSAL.

E agora vou facer unha pregunta sobre algo que vimos en clase, a ver cantos a sabedes contestar:

De que nos fala a biografía dunha persoa?

Moi ben, sabía que o recordaríades.
A biografía dunha persoa fala da súa vida: onde naceu e morreu, onde viviu, que estudou, en que traballou, como foi a súa vida...
Pronto traballaremos a biografia dun escritor famoso en lingua galega.

STOP 
RESPIRA! 
1, 2, 3, 4.

1ª sesión: 

Ao final do video Miguel de Cervantes nos ensina unha cousa importante para ser mellores na nosa vida.
Sabes cal é?. Escríbeo no teu caderno.
Ao tempo que el fala aparecen escritas estas tres palabras:

Esforzo
Constancia 
Responsabilidade.

Sabes o que queren dicir?
Explicao coas túas palabras e busca o significado das que non coñezas.
Cal é a máis importante para ti e por que?

2ª Sesión: 

A HORA DO CONTO
Recordades eses xogos tan chulos que temos na biblioteca e cos que xogamos a facer contos?
Propóñovos unha tarefa de plástica coa que poderedes elaborar o voso propio xogo.

O primeiro é recortar, dobrar e pegar estas plantillas debuxadas. 
Cando rematedes quedará un dado que poderedes tirar. Dependendo da cara que salga iredes escribindo o voso conto.
Senón podedes imprimir xogade a escoller a cara que máis vos guste de cada vez.
Engado unha plantilla en branco para que fagades vos os 6 debuxos (personaxes, obxectos, lugares...) que prefirades.






Animádevos a debuxar o voso!


3ª sesión: 

Para rematar imos darlle un pouco ao coco.


Consejo: primero escribid todos los números del uno al nueve y luego id buscando cuales tienen sólo una letra en común para ordenarlos.

Mañá tedes clase coa profe Bea.
Vémonos o Xoves. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario