jueves, 23 de abril de 2020

MUSICANDEANDO


Querido alumnado!

Son o profe Víctor e quero enviarvos moitos ánimos e os meus mellores desexos a todos/as vos. Espero que todos/as as familias esteades ben nestes difíciles momentos que estamos a vivir.
Antes de nada, quero comezar lembrando a cita dun famoso filósofo, poeta, músico e filólogo alemán Friedrich Wilhelm Nietzsche, que dicía que: “A VIDA SEN MÚSICA SERÍA UN ERRO”. 
Fágome eco destas palabras porque nos fan ver a importancia da música, sobre todo nestes momentos onde vemos que A MÚSICA NOS ACOMPAÑA SEMPRE, pero sobre todo NOS MOMENTOS MÁIS DUROSPodemos ver como moitos artistas están creando cancións mentres todos/as estamos confinados nas nosas casas, como os músicos saen a cantar e a tocar aos balcóns ou como a policía nos ameniza con música polas rúas…

Dito todo isto, para poder disfrutar da música neste último trimestre, imos desfrutar con ela e repasar algúns conceptos que traballamos na aula. 

Deixeivos no blogue      (https://musicandeando.wordpress.com/ )  



 bastantes recursos para que os vexades, bailedes, cantedes e practiquedes con eles na casa. Só tedes que clicar na esquina superior dereita, na lapela do voso curso e a desfrutar!
Tamén me porei en contacto cos vosos titores/as de vez en cando para que vos manden algunha tarefa musica.

Lembrade que: “A MÚSICA ESPANTA Á CUARENTENA”.
Un saúdo e moito ánimo!

P.D: Quedádevos na casa, todo vai a saír ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario