Mañá será o primeiro día de clase despois das vacacións e xa teño preparadas as primeiras tarefas.
Todos os días, cedo pola mañá, vou subir actividades a este blogue para que fagades, pero necesito contar coa vosa axuda.
Os mércores será a profe Bea a que vos presente a tarefa a facer, e outros días nos sorprenderán outros e outras profes coas súas propostas.
Xa sei que non estamos no colexio, e que a algúns e algunhas nos custa poñernos a traballar... pois ben, a partir de agora todas as mañas ímonos a levantar, almorzar, asearnos e vestirnos e abrir este blogue.
Dado que este é o noso club secreto, imos poñer unhas normas moi sinxelas para entrar nel:
1. Ningún membro deste club secreto pode entrar en pixama, coa cara sen lavar ou sen almorzar.
2. O horario é de 9:00 a 14.00 de xeito que os que queiran participar o poden facer nesas horas (esas horas inclúen tempo para o descanso, recreo, saídas ao baño...).
3. Hai que intentar facer todas as actividades, non vale escoller as fáciles e deixar as difíciles.
4. Temos que participar todos e todas.
Eu comprométome a escoller e preparar actividades divertidas, e a ter algunha sorpresa de cando en vez.
CONTO CO VOSO COMPROMISO?
ESTOU SEGURA DE QUE SI.
Aqueles que vos comprometades podedes poñer o voso nome no apartado de comentarios deste blogue.
Bicos, deica mañá.
Xan Lage Casal
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarPaula Estors
ResponderEliminarZaira Cotón
ResponderEliminarMaida Lopez
ResponderEliminarsamuel participa
ResponderEliminarMervin Escalante
ResponderEliminar