martes, 14 de abril de 2020

PRIMEIRO DÍA DE CLASE



Boa día!

Hai que erguerse cedo e espabilarse que hoxe hai cole!
O primeiro saudarnos, coma tódolos días.
Preparastes a vosa mesa, tedes lápis, goma, libreta,.... en fin todo o necesario para unha mañá de clase?
Agora comenzamos con catro respiracións profundas, esas que sabedes facer de mindfulness e que nos van a axudar a concentrarnos moi ben.
1, 2, 3, 4.
Estamos?
Pois ben, o primerio exercicio é de exercitar a memoria. 
Veremos que tal se vos dá.
Se o ides conseguindo podedes publicar un comentario neste blogue, tamén me podedes dicir se é fácil o difícil (vale en galego e en castelán).

Ben, creo que xa quentamos motores así que imos ao traballo.

1º Sesión:

Trátase dun reto, a ver se o resolvedes!
Parece fácil pero ten truco!



2º Sesión: 

Como estamos moi aburridos, imos porlle un poco de imaxinación a isto. Imaxinaros que seríades se forades.... 
O podedes enviar ao meu correo. Premiase a orixinalidade e o colorido dos debuxos.

3ª Sesión: 

Agora toca un exercicio de escritura. 
Animádesvos a escribirme un correo electrónico contándome que tal estades e o que estades a facer na casa estes días? 
Unha cousa sinxela e breve.

Lembrade que cando imos a escribir un texto temos que planificar previamente o que imos a escribir. 
O primerio será coller lápis e papel e pensar o que quero contar, escribir tres ou catro ideas que respondan a: Que tal estou? Como o estou a pasar estes días? Que fago para entretenerme? Que me gustaría facer?. Este é un exemplo.
Logo, con esas respostas redactaríamos un breve texto que me escribiríades no correo. 
Non esquenzades o saúdo e a despedida, como facíamos ao escribir unha carta!






No hay comentarios:

Publicar un comentario