Queridos Sacapenas, qué tal vai a semana?
Ahí vai a segunda sorpresa que agardo que vos
guste!
Como proposta para PLÁSTICA, e como estamos no
mes dos libros, quero que aprendades a inventar e contar historias con
alimentos saudables que teñades na cociña e coa axuda de dous platos. Podedes enviarme as vosas historias
inventadas e creacións ao meu correo.
“ Hoxe sen debuxar, unha historia imos contar”
Lembrade que o vindeiro domingo é o Día da Nai, e con
tal motivo e porque nai só temos unha e hai que agradecerllo todos os días ,
envíovos esta proposta para que con
papel reciclado de xornal ou de revista, fagades un gran ramo de flores para
agasallala e expresarlle o cariño e agradecemento que lle tedes.
A continuación como proposta para NATURAIS,
imos seguir experimentando, e nesta vez empregaremos distintos líquidos que
temos no noso laboratorio da cociña.
Con este experimento aprenderedes como os
líquidos máis densos pesan máis e quédanse no fondo, mentras os líquidos máis
lixeiros quédanse na parte superior e non se mesturan. Probade a facelo e
veredes que bonito queda.
Chámase “ Arco Iris Líquido”
E por último como proposta conxunta que
fixemos a profe Cris, Celia e eu, unindo as materias de RELI e VALORES por unha
boa causa, propoñemos que fagades a proposta de traballo que vos
enviei aos
vosos correos. Tedes ata o 28 de maio para enviarme este traballo.
Biquiños doces para tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario