Pois si, hoxe é venres 17 de abril de 2020.
A min a semana me pasou rapidísimo!
Claro, con tanto traballo estamos moi ocupados e o tempo voa.
Que tal onte?
Era todo moi fácil, non?
Os que non rematastes podedes facelo hoxe e para o resto teño novas tarefas.
SORPRESA: Antes de nada teño que dicirvos que alguén moi especial fixo un video sobre a nosa horta para que vexades o fermosa que está, a ver se recoñecedes a súa voz...
Aquí tedes o enlace💫
As leitugas están no seu punto!
Ide pensando como facer a ensalada.
O podedes ver tamén dende a páxina web do cole.
Veña que empezamos!
Respirade: 1, 2, 3, 4
Hoxe non fixemos exercicio para traballar a atención pero, teño preparada outra cousa...
Estiven pensando no noso club secreto para que resolva unha serie de misterios.
O caso e que necesito que me axudedes con estes acertixos tan difíciles que atopei.
Por máis que lle dou voltas eu soa non consigo resolvelos!
Conto con vós?
Aquí vos deixo o enlace ✋
2º Sesión:
Por si acaso, e para aqueles que non se animaron a bailar Hi Hop coas táboas de multiplicar aquí vos deixo outro xeito de repasalas.👌
Unha vez repasadas imos cuns exercicios de mates.
3ª Sesión:
Imos cun pouco de lingua.
Xa vai moito que non repasamos vocabulario en galego así que hoxe imos recordar vocabulario da rúa.
Seguro que recoñecedes algunhas imaxes 👉
REMATAMOS POR HOXE.
NON FALTEDES A CLASE O LUNS. HABERÁ NOVAS SORPRESAS.
PASADE UNHA BOA FIN DE SEMANA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario