jueves, 2 de abril de 2020

ESPECIAL MANUALIDADES



Ola outra vez! 
Nesta ocasión é a profe Bea a que vos fai unha proposta.
Como sabe que vos gustan moito as clases de plástica, e que se  vos dan moi ben as manualidades, aquí deixa algunhas moi orixinais para facer nestas datas.

ESPECIAL MANUALIDADES DE ANIMAIS DE PASCUA PARA DISFRUTAR NA CASA DURANTE AS VACACIÓNS.


CREA BORREGUIÑOS DA SORTE E DA PROSPERIDADE
Crea borreguiños da sorte para regalar a túa familia nestas vacacións, usando rolos de papel hixiénico e algodón.
Velaí o proceso neste enlace e o resultado final.


COELLIÑOS DE ORIGAMI CON MENSAXES DE FELICITACIÓN
Proba a facer coelliños de origami con diferentes follas de cores. Podes escribir mensaxes de felicitación de Pascua pola parte de atrás e sorprender a túa familia, deixándolle por sorpresa o coelliño de Pascua enriba do plato cando vaiades a almorzar, comer ou cear.
Só tes que seguir as instrucións paso a paso:


E por último enviovos esta proposta de receita de cociña moi doce e saborosa para que probedes as vosas cualidades como reposteir@s.

POLIÑOS DE COCO
Para facer esta receita precisaredes:
-          Colorante alimentario amarelo.
-          Coco raiado.
-          Leite condensado.
-          Unha cenoira
-          Chocolate líquido
Seguide o enlace para saber os pasos desta receita e probade a facela na casa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario